Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Oviedo coa Coral Xan Mella

A Oviedo coa Coral Xan Mella

Non para a coral máis internacional da Costa da Morte. A Coral Xan Mella de Baio marchou esta fin de semana cara Oviedo, onde participaron no Encontro Astur-galaico de Corais. Tras unha viaxe tranquila, amenizada con música e algo de sidra, chegaron ao Club de Campo do Centro Asturiano de Oviedo, ao pé do Monte Naranco, para expresar o seu canto.

Con puntualidade asturiana deu comezo o encontro polifónico cun salón de actos con tres cuartas partes de aforo.
En primeiro lugar actuaron os anfitrións do Coro do Centro asturiano de Oviedo dirixido por Patricia Miriam Martínez Iglesias que presentou un programa case que íntegramente de canción asturiana e deixou para o final unha magnífica interpretación da cantiga galega "O voso galo comadre" que foi moi aplaudida polo público asistente, entre eles unha nutrida presencia de galegos na capital do principado.

Despois foi o turno da nosa Coral Xan Mella, sempre baixo a batuta de Tatiana Pankrátova, deixou o pavillón moi alto; principou co tema asturiano, agasallo para os anfitrións, "Como la flor" e continuou con habaneras en galego e castelán, o pop de "California dreamins", cantigas galegas e rematando cun "Katiusha" co público entregado e batendo palmas con moitas ganas.
Ao final os agasallos de rigor por parte dos presidentes das dúas agrupacións polifónicas e unha festa post-concerto na que non faltaron as cantigas nin o licor café galego.

A visita non rematou aí, pois a expedición costeira aproveitou para coñecer o Oviedo antigo, así como asúa gastronomía. E de volta, unha mirada á Mondoñedo de Álvaro Cunqueiro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios