A Semana Cultural de Zas collerá impulso para Carballeira

09:15 24/07/13

O vindeiro luns 28 de xullo dará comezo a Semana Cultural que artella o Concello de Zas para dinamizar a chegada da Festa da Carballeira de Zas, que sabedes terá lugar o vindeiro sábado 3 de agosto.
E que mellor que coller forzas con charlas, música tradicional, exposicións... entre o 28 de xullo ao 4 de agosto 2013.
Programa da Semana Cultural de Zas
Domingo 28 de xullo
- 18:30h. ACTO DE INAUGURACIÓN con Música tradicional da man de A. C. Castro Meda de Zas e A. C. Adro de Baio.
- 19h. CHARLA – COLOQUIO con XOSÉ NEIRA VILAS.
- 19:30h. APERTURA DAS EXPOSICIÓNS (Horario de visita de Luns a Venres de 16:30h a 20h.):
- "Querido Balbino: Memorias dun neno labrego". Con Xosé Neira Vilas e Valentín García, (Secretario Xeral de Política Lingüística).
- "Bordado, manualidades, e cestería".
- "Palillo". Alumnas da A.V. A Fonte de Fornelos.
- "XXX Anos de Carballeira".
Luns 29 de xullo
- 11h-13h. *OBRADOIRO de cerámica (5 a12 anos)
- 17h-18h. *CURSO de iniciación á muiñeira tradicional. Grupo de Baile Churía da A.C. Castro Meda. (Persoas adultas).
- 18h-19h. *OBRADOIRO de camisetas (5 a12 anos).
- 18h-20h. *OBRADOIRO de fofuchas (Persoas adultas).
- 19h-21h. FOTOCOL Gústame o galego.
- 20:30h. CHARLA – COLOQUIO Alimentación e Saúde con Tatiana Rellán e Jonathan Casas.
- 22h. CINE: O apóstolo (Maiores de 7 anos).
Martes 30 de xullo
- 11h-13h. *OBRADOIRO de cociña infantil (5 a12 anos).
- 17h-18h. *CURSO de iniciación á muiñeira tradicional. Grupo de Baile Churía da A.C. Castro Meda (Persoas adultas).
- 19:30h. *CONCURSO de postres e degustación.
- 20h. ACTUACIÓN do Grupo de Gaitas da A.V. A Fonte de Fornelos.
- 21h. PRESENTACIÓN – RECITAL do libro Versus Cianuro.
- 22h. MONÓLOGO. Hixiene mental con José Luís Míguez.
Mércores 31 de xullo
- 11h-13h. *OBRADOIRO de construción de xoguetes e xogos tradicionais (5 a12 anos).
- 17h-18h. *CURSO de iniciación á muiñeira tradicional. Grupo de Baile Churía da A.C. Castro Meda (Persoas adultas).
- 18h-20h. *OBRADOIRO de fofuchas (Persoas adultas).
- 19:30h. CONFERENCIA. De Brandomil a Nicaragua, unha experiencia de solidariedade. José M. Pérez Otero.
- 22h. MONÓLOGO. Ao vivo (de momento) con CARLOS BLANCO (Maiores de 13 anos). DONATIVO: 2 € que se destinarán a bolsas educativas para mocidade sen recursos. ONG Sólida - Instituto de Liderazgo de Las Segovias (Nicaragua).
Xoves 1 de agosto
- 12h. TEATRO INFANTIL. Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can) de Talía Teatro (A partir de 3 anos). Auditorio do Concello.
- 17h-18h. *CURSO de iniciación á muiñeira tradicional. Grupo de Baile Churía da A.C. Castro Meda (Persoas adultas).
- 17h-19h. *OBRADOIRO de instrumentos musicais e música tradicional (5 a12 anos).
- 18h-20h. *OBRADOIRO de Trapillo (Persoas adultas).
- 19h. PRESENTACIÓN do libro Costa do Solpor de Xosé Mª Lema.
- 21:30h TEATRO. Bicos con lingua: X Aniversario, de Talía Teatro (Maiores de 13 anos). Auditorio do Concello.
Venres 2 de agosto
- 12h. TEATRO INFANTIL. A verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres, de Bandullo Azul (A partir de 3 anos).
- 17h-18h. *CURSO de iniciación á muiñeira tradicional. Grupo de Baile Churía da A.C. Castro Meda (Persoas adultas).
- 18h-20h. *OBRADOIRO de Trapillo (Persoas adultas).
- 22h. PASARRÚAS. Grupo Tradicional O Pichote da Gandaina..
- 24h. CONCERTO FOLK: con TÁTARA TRÍO e SALDOS NEGATIVOS + PEREGRINO GRIS, de Costa Rica.
Sábado 3 de agosto
Domingo 4 de xullo
- 19:30h. TEATRO: O testamento; O gorro; Ai!...que sería de nós sen os obreiros. Das Escolas de Teatro de persoas adultas e infantil do Concello de Zas. Auditorio do Concello.
- 20:30h. Acto de clausura.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).