Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Semana Cultural do IES de Baio: Moito máis que regueifa

A Semana Cultural do IES de Baio: Moito máis que regueifa
Obradoiro de regueifa no IES de Baio con Josinho da Teixeira Obradoiro de regueifa no IES de Baio con Josinho da Teixeira

Declarados fans somos dos proxectos regueifeiros do IES Maximino Romero de Lema de Baio-Zas. E esta semana van indo moitas coplas, acompañadas de moito máis. Están inmersos na súa XII Semana Cultural, e corren ríos de música, teatro e obradoiros. Unhas xornadas que seguen a manter a filosofía lúdico-educativa coas que se orixinaron.

Onte arrincaban cun obradoiro de regueifa da man de Josinho da Teixeira, seguindo o fío do proxecto Regueifesta que os ten colocado no panorama cultural-escolar de todo o país. Como rimaron os baieses, xa todos uns especialistas na materia.

Obradoiro de regueifa no IES de Baio con Josinho da Teixeira 2 Obradoiro de regueifa no IES de Baio con Josinho da Teixeira

E máis que rimarán, con ritmos, cando este xoves sexan os míticos García MC e DJ MIL os que lles fagan pasar unha mañá poética e musical na Carballeira do centro. Unha cita, como a do venres (teatro “Falar sen Cancelas” protagonizada por Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei, no Auditorio de Baio), que será de portas abertas para toda a comunidade educativa.

Serán moitas máis as cousas que fagan durante esta semana, como aprender a manexar un dron, a imprimar en 3D, a facer poesía, a debuxar banda deseñada, e mesmo aprenderán portugués básico. Tamén farán un mural no exterior do centro e terán a oportunidade de asistir a unha escola de cine para adolescentes. Todo, para aprender facendo.

Novas relacionadas   Fonte

Comentarios