Aberto o prazao de inscrición para sacar o certificado de profesionalidade de Organización e Xestión de Almacéns

O Centro El Ábaco de Baio, informa do próximo certificado de profesionalidade que vai impartir nas instalacións a partir do 26 de Marzo Trátase dun curso de Organización e Xestión de Almacéns (COML0309), que ten moita saída profesionais como Técnico en xestión de stocks e almacén, empregado administrativo de servizos de almacenamento e recepción, almaceneros en empresas de transportes, xefe de almacén, técnico en loxística de almacén, xestor de almacén, responsable de recepción de mercadorías, responsable de mercadorías.
O Curso conta de 310 horas+80 horas de prácticas en empresa e durará 17 Xullo 2025 en horario de 16:00 a 21:00.
Requisitos de acceso:
- Ciclo medio ou bacharelato
- Ter superado as Competencias Clave Nivel 3
- Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional
- Ter superado a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 e/ou de 45 anos
- Cumprir o requisito académico de acceso aos Ciclos Formativos de grao Superior
- Outros estudios superiores
Poden pedir máis información no Centro de Formación El Ábaco (Avda Xeneral Vidal Ríos, 12 baixo, Baio-Zas) ou nos 981 71 83 99 ou 620 96 99 19 (tamén whastapp).