luns. 13.01.2025
El tiempo

Adro dá a coñecer o gañador do concurso de carteis para a Festa da Carballeira

Adro dá a coñecer o gañador do concurso de carteis para a Festa da Carballeira
O traballo elexido empregarase en todo o material que se edite para a Festa da Carballeira de Baio O traballo elexido empregarase en todo o material que se edite para a Festa da Carballeira de Baio Unha vez que remate "Fuga", a obra de Gargallada Teatro que se enmarca dentro da I Mostra de Teatro Afeccionado do concello de Zas, a asociación cultural Adro de Baio dará a coñecer o gañador do concurso de carteis para a festa da Carballeira que terá lugar o vindeiro 26 de xuño. A imaxe gañadora empregarase en todo o material que se edite para o evento - carteis, camisetas,… -e o gañador ou gañadora recibirá un premio de 100€ . O xurado reserva o dereito de declarar deserto o concurso. Todos os traballos que participan neste concurso de carteis serán expostos no Centro Sociocultural de Baio. Os membros da asociación cultural Adro xa están ultimando todos os detalles para o que será o seu próximo evento, os Premios Fouciño, que terán lugar os días 27 e 28 de maio.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios