Adro prepara o Festival de Entroido cunha gran cea-baile

11:26 17/01/16

Asociación Cultural Adro de Baio xa ten todo preparado para o festival de Entroido. A cita será o sábado 6 de febreiro ás 21 horas no pavillón da vila. O restuarante A Lareira encargarase de servir un cocido típico da época acompañado de filloas e orellas. O custe é de 20€ para os socios, 28€ para os non socios e 6€ para os nenos que terán o seu propio menú infantil.
Na cea-baile, amenizada polo dúo Almirantes, tamén haberá un concurso de disfraces con 300€ en premios. Os interesados poden retirar as súas entradas no bar trébol, no bar Hórreo e na floristería Costa Flor de Baio.
Para a organización do evento, Adro conta coa colaboración do Concello de Zas.
Novas relacionadas
- Adro pon en marcha as súas escolas tradicionais.
- A asociación cultural Adro de Baio estrea directiva con Olga Mouro de presidenta.
- A asociación Adro de Baio ao borde de disolverse por falta de relevo na directiva tras 35 anos de traballo cultural
- Unha marea de pelotas amarelas invaden Baio
- O comercio de Baio ten a pelota nas redes sociais
- #30anosdeBadiusTeatro: O estado de saúde do teatro costeiro aproba con nota
- Un regalo viral para os 30 anos de Badius Teatro.
- 14-11-14: Badius arrinca cas clases da Escola de Teatro Infantil en Baio e Zas.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)