Alumnado de Baio gaña o certame de matemáticas de AGAPEMA

O alumnado de 3º ESO vén de gañar o concurso Matemáticas na Raia. Un concurso matemático que organiza a Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) e a Asociación de Profesores de matemáticas de Portugal (APM).
A proba, que tivo lugar o 13 de marzo e na que participou alumnado de 3º da ESO de varios centros de Galicia, consistiu na resolución dunha serie de problemas por equipos.
O premio consiste nunha estancia de fin de semana (24-25 de maio) en Tui, onde o alumnado confraternizará co alumnado gañador de Portugal, realizando actividades lúdicas, deportivas, matemáticas e tamén visitas turísticas.
Moitos parabéns ao alumnado participante e a súa profesora Luchy Mouzo por preparalos e animalos a participar nesta iniciativa