Venres. 26.04.2024
El tiempo

Alumnos do FP de Informática do IES de Baio levaron o seu proxecto COANA á Maker Faire Galicia

Alumnos do IES de Baio na Marker Faire
Alumnos do IES de Baio na Marker Faire
Alumnos do FP de Informática do IES de Baio levaron o seu proxecto COANA á Maker Faire Galicia

Unha edición máis o IES Maximino Romero de Lema participa nas xornadas educativas da Maker Faire Galicia. Como novidade este ano, a xornada celebrouse de forma presencial na Cidade da Cultura (Santiago) o venres 3 de xuño pola maña.

Alumnado de 2º curso do ciclo de Informática de Oficina: Marta Calero, Martín Castro, Gabriel Romero e Nerea Torrado. Acompañados pola profesora Marta Diz Alonso, encargáronse de montar o posto na feira e presentar o proxecto aos asistentes.

Alumnos do IES de Baio na Marker Faire w3

O proxecto Coana (Condicións ambientais na aula), un sistema centralizado para o control desde unha aplicación web das condicións ambientais das aulas e os diferentes espazos nun centro educativo co obxectivo de garantir que son espazos seguros e confortables para a comunidade educativa.

O nome do proxecto é moi acertado, xa que "coana" é cada unha dás dúas aberturas posteriores dás fosas nasais que comunican coa parte superior dá farinxe… non se lles escapa nada!.

O proxecto desenvolvese dentro do programa Club de Ciencia e encaixa dentro das liñas de traballo do centro para potenciar as capacidades STEM do noso alumnado. O proxecto tivo boa acollida, e convidaron a participar ao centro na Feira de Ciencia (Open Science Cambre 2022).

Comentarios