Sábado. 19.09.2020
El tiempo

As Torres do Allo poñen en marcha un programa específico para centros educativos

As Torres do Allo poñen en marcha un programa específico para centros educativos
programa-didactico-torres-allo O pazo abrirá a partir de maio todos os venres para que os centros educativos poidan visitalo con reserva previa A nova aposta da concellería de Cultura do concello de Zas para dar a coñecer as Torres do Allo entre os máis novos é un ambicioso programa dirixido aos centros educativos e que se pon en marcha no próximo mes de maio. Cun entorno natural de excepción e cun edificio tan emblemático o pazo máis antigo de Galicia o deseño das unidades didácticas non resultou nada complicado. Así, o concello ofrece unha unidade didáctica para cada ciclo coa que o alumnado descubrirá os valores artísticos, históricos, medioambientais, científicos e etnográficos que atesoura o Pazo do Allo e tódolos elementos que compoñen o ben. Obradoiros As visitas educativas ás Torres do Allo complétanse cunha variada oferta de obradoiros didácticos adaptados a cada ciclo escolar. Para o ciclo de infantil haberá un taller de plantación de sementes chamado "Sementes do Allo". Os cursos de 1º a 4º de primaria poden optar por facer o obradoiro de tecido artesán "Tecendo a miña roupa". Para 3º a 6º de primaria hai preparado o circuíto de probas a "Gymkana do Allo"; e o alumnado de 5º de primaria a 4º da ESO poderá optar por aprender todo sobre os escudos heráldicos co obradoiro "Escudo de Familia". A través da páxina web das Torres do Allo os centros educativos poden descargar o Cartafol Escolar onde atoparán tódolos detalles relacionados cos obradoiros e visitas didácticas. Tódalas actividades, visitas e obradoiros son de balde. Tamén poden informarse a través do enderezo electrónico [email protected]  

Novas relacionadas

Fonte

comentarios