Venres. 29.03.2024
El tiempo

As Torres do Allo potencian o seu pasado

As Torres do Allo potencian o seu pasado
Os Quinquillans son os encargados de encarnar a Francisca Rioboo e a Victor Lopez Seoane Os actores de Os Quinquilláns son os encargados de encarnar a Francisca Riobóo e a Víctor López Seoane Coñecer como era a vida cotiá nun dos pazos máis antigos de Galicia dun xeito ameno e didáctico é un dos principais obxectivos das visitas guiadas teatralizadas postas en marcha nas Torres do Allo. Con esta iniciativa turística, estreada o pasado día 10 e que se repetirá todos os domingos de xullo e agosto, o concello de Zas pretende - segundo indica o concelleiro de Cultura, Manuel García Velo - "publicitar un monumento único entre a xente da contorna os turistas que se acheguen á Costa da Morte". A visita arranca no patio do pazo da man de Tero Rodríguez e Lucho Penabade, de Os Quinquilláns, que encarnan a Francisca Riobóo e a Víctor López Seoane. Tras coñecer dun xeito divertido os detalles que agocha a fachada do edificio, os asistentes convértense en actores para interpretar o papel dos labregos e labregas que acoden a pagar as súas rendas. Na visita teatralizada os actores desvelan detalles de como era a vida cotia nas Torres do Allo 500 anos atras Na visita teatralizada os actores desvelan detalles de como era a vida cotiá nas Torres do Allo 500 anos atras Mentras tanto, os personaxes principais van desvelando feitos importantes vividos 500 anos atrás nas distintas estancias das Torres do Allo. O forno, a artesa, e outros elementos que se conservan na cociña do pazo son empregados polos actores para explicar o proceso de elaboración do pan. Mais de 40 persoas asistiron a estrea do programa Pazos da Terra que tivo lugar o pasado domingo Máis de 40 persoas asistiron á estrea do programa "Pazos da Terra" que tivo lugar o pasado domingo O espectáculo teatral, bautizado como "Pazos da Terra" e de algo máis de 35 minutos de duración, remata na horta de froitais. O mesmo lugar no que, o vindeiro 27 de xullo, terá lugar unha sesión de cine ao aire libre que, no caso de que a climatoloxía non o permita, se trasladará ao interior do pazo. A esta iniciativa, que vai máis aló do reparto de folletos informativo, hai que sumarlle o horario de visita que, ata o vindeiro 15 de setembro, pode visitarse de luns a domingo en horario de 11 a 2o horas. [fbvideo link="https://www.facebook.com/concellozas/videos/1236515806372269/" width="500" height="400" onlyvideo="1"] Novas relacionadas Fonte

Comentarios