O baiés Alejandro Gándara amosará as primeiras imaxes da súa última peza ‘A Costa e os castelos’ nos Premios Fouciño

Alejandro Gándara nos Premios Fouciño 2024

Os V Premios Fouciño, que se celebran entre o 23 e o 25 de outubro en Baio, acollerán en primicia as primeiras imaxes do último proxecto do baiés Alejandro Gándara ‘A Costa e os castelos’. Trátase dunha viaxe pola Costa da Morte a través dos seus castelos, torres e pazos, explorando as historias do pasado e o presente destes lugares, para compoñer un relato que combina a investigación histórica cunha ollada curiosa cara a relación das persoas co patrimonio.

Ademais, o creador acaba de ser recentemente seleccionado para participar no Festival Internacional de Cine de Xixón con outra das súas obras, 360 Curvas, que codirixe xunto a Ariadna Silva. 


“Un peixe é un peixe é un peixe”, de Marilar Aleixandre

Esta non será a única creación especial que se verá no marco desta edición do evento. O día 25 de outubro, os asistentes poderán ver a peza Un peixe é un peixe é un peixe de Marilar Alexandre e Alberto Pombo. Trátase dunha creación feita ad hoc para a habitación Marea Viva do hotel Bela Fisterra e gravada na zona. A decoración da habitación renóvase periodicamente para render homenaxe a unha artista contemporánea, ambientando o espazo na súa obra, algo que só ocorre neste espazo no mundo. Neste caso, a artista Premio Nacional de Narrativa acudiu á Costa da Morte, creou a peza e despois musealizouse o cuarto con este material.

A programación

O festival botará a andar o xoves 23 de outubro coa proxección de Pura, curtametraxe de Carmen Méndez gañadora dos Mestre Mateo este 2025 e, ademais, madriña desta edición do certame. Despois do pase haberá un coloquio coa directora. 

venres 24 o público poderá asistir a unha sesión de catro curtametraxes fóra de concurso que conectan no concepto de diversidade: Delincuente, de Alba Domínguez e Nuria VilO Coidado, de Miguel CanalejoAbellón, de Fon Cortizo e La casa de la abuela, de Ashling Ocampo. A noite rematará cun concerto da cantante coruñesa Sofi Peries e un concurso de karaoke cinéfilo. Ademais nesta xornada tamén se contará coas actuacións de Ramón Carballo e DJ Tristón.

prato forte do festival será o sábado 25, coa proxección das curtas presentadas a concurso e a gran festa final na que actuarán Antía Muíño, Ulex, 9Louro e Tonita, conformando un cartel que aposta polos novos talentos e a música en galego. Nesta xornada tamén haberá a proxección da curtametraxe do obradoiro infantil de cinema e proxeccións das xa citadas pezas Un peixe é un peixe é un peixe de Marilar Alexandre e Alberto Pombo; e un adianto de A Costa e os castelos, de Alejandro Gándara.