luns. 20.10.2025
El tiempo

Os Premios Fouciño presentan as súa curtas finalistas

Premios Foucino 2024
Dous dos organizadores dos Fouciño na edición do ano pasado
Os Premios Fouciño presentan as súa curtas finalistas

Xa non queda nada para os V Premios Fouciño. Organizados pola a A.C. Premios Fouciño e o Concello de Zas e coa colaboración da Deputación da Coruña, desenvolveranse entre o 23 e o 25 de outubro en Baio. 

E para ir quecendo motores, a organización fai públicas as pezas a concurso desta edición.

Participarán na Categoría Xeral:

  • Luján Monteiro e Alba López con A pena das troiteiras;
  • Cristóbal Añón con Somnia;
  • Mateo Bouzada con Santa Compaña,
  • Iago Lourido con Solposto;
  • Antía Carreira con Pupa; e
  • Sandra Ramilo estreará internacionalmente no certame a súa última peza Maltrix.


Na categoría escolar, as pezas e centros seleccionados son:

  • IES Valadares (Vigo) con Un can galego (Un chien galicien);
  • CEIP Plurilingüe San Vicenzo (Vimianzo) con Coas mans baleiras;
  • CPIP Cabo da Area (Laxe) con Redes
  • IES Maximino Romero de Lema (Baio) con Párao, actúa!;
  • CEIP Plurilingüe da Espiñeira (Aldán) con Coas mans baleiras
  • IES Isidro Parga Pondal (Carballo) con A verdade que calamos.


Os galardóns serán de 1.000€ para a categoría xeral, 500€ para a escolar e un premio do público de 150€ para cada categoría.

A programación

O festival botará a andar o xoves 23 de outubro coa proxección de Pura, curtametraxe de Carmen Méndez gañadora dos Mestre Mateo este 2025 e, ademais, madriña desta edición do certame. Despois do pase haberá un coloquio coa directora.

O venres 24 o público poderá asistir a unha sesión de catro curtametraxes fóra de concurso que conectan no concepto de diversidade: Delincuente, de Alba Domínguez e Nuria Vil; O Coidado, de Miguel Canalejo; Abellón, de Fon Cortizo e La casa de la abuela, de Ashling Ocampo. A noite rematará cun concerto da cantante coruñesa Sofi Peries e un concurso de karaoke cinéfilo.

O prato forte do festival será o sábado 25, coa proxección das curtas presentadas a concurso e a gran festa final na que actuarán Antía Muíño, Ulex, 9Louro e Tonita, conformando un cartel que aposta polos novos talentos e a música en galego. Antes, a mediodía, tamén haberá a proxección da curtametraxe do obradoiro infantil de cinema e a peza Un peixe é un peixe é un peixe de Marilar Alexandre e Alberto Pombo, gravada en Fisterra.

Obxectivos e organización

Os Premios Fouciño de cinema nacen coa intención de dinamizar a Costa da Morte e loitar contra o seu illamento cultural, achegando unha programación innovadora e vangardista a un concello rural como é Zas. Desde a primeira edición, os Fouciño convertéronse nun importante punto de encontro do sector e fixéronse un oco dentro do panorama audiovisual galego. Logo do éxito da derradeira edición, os Premios Fouciño, primeiro certame de curtametraxes da Costa da Morte, afrontan a súa V Edición, co obxetivo de volver a traer o mellor do cine galego de cada ano a Baio.

Máis novas

Comentarios