mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os Premios Fouciño comezaron respaldados polo público baiés

Chema Rei e Mabel Montes nos Premios Foucino
Chema Rei e Mabel Montes presentando os Premios Fouciño como padriños
Os Premios Fouciño comezaron respaldados polo público baiés

Arrincaron esta pasada noite de mércores 30 de xuño, 5 días de cine en Baio. A vila zaseira acolle a IV Premios Fouciño, que volven tras varios anos de silencio, para convertir a comarca de Soneira na capital do creación e do talento audiovisual galego.

A veciñanza de Baio e arredores encheu onte os asentos do local dos Premios Fouciño (sito no edificio Praza S/N, xunto á pastelería Guindas). A xornada inaugural era aberta por Alejandro Gándara, que daba a benvidade dende o atrevido grupo de mozos e mozas da vila e da comarca que se atreven a organizar un evento coma este.

Alejandro Gandara nos Premios Foucino 2024
Alejandro Gandara
Publico nos Premios Foucino 2024
Moito público no coezo dos Premios Fouciño 2024

Ao acto asistiu o alcalde de Zas, Manuel Muíño, que celebrou a volta do festival e reiterou o apoio do Concello, que coorganiza esta cuarta edición da cita.

Tamén contou cun pregón do padriño e a madriña da edición, os baieses Mabel Montes e Chema Rei, que reivindicaron a importancia das profesións audiovisuais que se atopan detrás das cámaras.

Manuel Muiño - alcalde de Zas- Premios Foucino
Manuel Muiño, alcalde de Zas

Así, tralos discursos de presentación, os Premios comezaron a súa nova andaina coa presentación da curta ”Segunda II”. A protagonista da curtametraxe, Segunda García, tamén estivo presente e participou dun coloquio no que o debate foi moi participativo.

Presentando Segunda nos Foucino 2
Presentando Segunda II coa protagonista nos Fouciño

O Programa completo

Os IV Premios Fouciño continúan ata o domingo 2 de novembro. Hoxe xoves ás 20h coa proxección de catro curtametraxes destacadas do cinema galego recente. Son Rompente, de Eloy Domínguez Serén; O Intruso, de Ariadna Silva Fernández; Elisa, de Paula González; e A comuñón da miña prima Andrea, de Brandán Cerviño. A noite continuará cunha actividade musical, o bingo cinéfilo, e rematará cunha sesión de karaoke con cancións de películas.

Máis novas

Comentarios