sábado. 07.12.2024
El tiempo

Os Premios Fouciño, un verxel de talento xuvenil

Entrega de Premios dos FOucino
Entregando de Premios dos Fouciño 2024
Os Premios Fouciño, un verxel de talento xuvenil

Baio convertiuse na capital do audiovisual galego por unha fin de semana co gallo da IV edición dos Premios Fouciño. Organizados pola A.C do mesmo nome e o Concello de Zas, estes galardóns audiovisuais puxeron ao fin a 5 días de actividades o pasado sábado cunha gran festa final na que o público encheu a carpa habilitada na praza Jorge Mira para ver a entrega de premios e os concertos de Caamaño&Ameixeiras, Pantis, Copa Turbo e Afundín Jamallos. 

A afluencia de público foi unha constante de toda a xornada, xa que durante as proxeccións das curtametraxes finalistas, realizada pola tarde, a organización do festival baiés tivo que ir buscar máis cadeiras e quedou sen papeletas para as votacións do público. 

Carpa ateigada para os Premios Foucino
Carpa ateigada para os Premios Foucino

A entrega de premios celebrouse baixo unha fermosa noite na carpa da praza Jorge Mira, chea de aplausos e apertas. Uns premios que puxeron o foco na mocidade con dous premios que recaeron en alumnado de centros de ensino.

Premios Foucino 2024
De arriba abaixo e esquerda a dereita: Rebeca Facal con Xosé Regueira, Mabel Montes e Chema Rei; Lolo Muíño entregando un dos premios; unha das bandas; o alcalde de Zas Lolo Muíño; e Fran Gavín

O premio do público, entregado polo vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, foi para o CPI Cabo da Area de Laxe pola curta Un, Dous, Tres, Ataque de Pánico.

O premio do xurado á mellor curta escolar, entregado polo alcalde de Zas, Manuel Muíño, foi para o IES Agra do Orzán pola peza Un guión de Cinema.

O premio do xurado á mellor curta da Categoría Xeral foi entregado polo padriño e a madriña da IV Edición, Chema Rey e Mabel Montes, e recaeu na película Homes Traxe, de Daniel Filloy e Rebeca Tella. O xurado destacou a calidade técnica da peza, gravada en plano secuencia, e os xiros do guión.

Caamano e Ameixeiras nos Premios Foucino de Baio
Caamaño e Ameixeiras, un dos puntos fortes da gala dos Premios Fouciño

Organización

A organización destacou a implicación de todo o pobo, así coma os apoios dos patrocinadores, o Concello e a Deputación, necesarios para consolidar o festival no futuro. A cita xa mira cara a vindeira edición o ano que vén co reto de implicar máis as novas xeracións. 

organizacion-premios-foucino
Os meirandes parabéns para este equipo interdisciplinar que organiza os Premios Fouciño

Máis novas dos Premios


 

Comentarios