Venres. 29.03.2024
El tiempo

Baio acolle “Ao Son da Fotografía”, unha exposición escolar sobre o noso pasado

ao son das fotografias
Imaxe da exposición Ao Son das Fotografías
Baio acolle “Ao Son da Fotografía”, unha exposición escolar sobre o noso pasado

O Centro Sociocultural de Baio acolle durante todo o mes de novembro unha exposición de fotografías anteriores aos anos 70 do século XX recompiladas polos alumnos e alumnas de segundo de bacharelato da especialidade Imaxe e Son do IES Maximino Romero de Lema. A mostra, bautizada como Ao son da fotografía, está incluída dentro do proxecto Ao son do rural posto en marcha o ano pasado polo centro de ensinanza secundaria de Baio.

A exposición está composta por trinta imaxes de diferentes temáticas entre as que se inclúe a escola, traballos tradicionais, festas ou mesmo a emigración. Todas son fotografías que conforman un valioso patrimonio cultural e que son un gran medio de difusión de coñecemento en todos os ámbitos.

Este é o primeiro paso dun proxecto moito máis ambicioso que ten como obxectivo crear un arquivo fotográfico dixitalizado que recolla o noso pasado cultural, principalmente enfocado no rural, o noso modo de vida e as nosas costumes.

A mostra está aberta ao público durante todo o mes de novembro e o horario de visita é de martes a venres de 15:30 a 21:30 horas e os sábados de 10:00 a 18:00 horas.

Comentarios