Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Baio estreou a nova ubicación da súa feira

Feira na praza nova de Baio 2
Baio estreou a nova ubicación da súa feira

A ritmo de “O Galo canta” da charanga Rumbo, este domingo 16 de xaneiro de 2022 estreouse a feira na praza nova de Baio. Foi domingo, fresquiño pero soleado, moi especial na vila zaseira, moi esperado, pois a nova ubicación da tradicional feira baiesa (que se celebra o terceiro domingo de mes), resultou o que se agardaba, un éxito.

A verdade é que semella que a vila de Baio está contenta coa praza. A carón do paseo fluvial, dá moito xogo para toda case de eventos, e de feito, xentes de toda a contorna comprobaron o futuro que vai ter esta feira.

Ademais dos obvios postos de churros e de roupa, sumáronse os de artesanía ou cousas antigas, ben interesantes para os que buscan cousas singulares. A pulpeira permitiu ademais tomar un racionciña antes de ir comer ca familia, e a exposición de vehículos permite darlle ademais unha identidade á feira.

Unha feira serve tamén de gran acicate para o sector comercial e hostaleiro. As terrazas dos bares estaban cheas e os comercios tamén expediron arreo durante toda a mañá.

Queda agora que poidan chegar as verbenas para ocupar toda esa zona central de pasodobles.

Feira na praza nova de Baio

Comentarios