sábado. 20.12.2025
El tiempo

Boa acollida na inauguración do Mercado Artesán de Baio

Mercado Artesan de Baio 2
Boa acollida na inauguración do Mercado Artesán de Baio

O Mercado Artesán de Baio inaugurouse este sábado cun notable éxito de participación, reunindo a numeroso público desde primeira hora. A iniciativa, organizado polo Concello de Zas coa colaboración da Asociación de Comercios, Hostalaría e Servizos BAION, contou coa intervención do alcalde Manuel Muíño e da presidenta da entidade, Berta Reymúndez, quen destacaron a boa acollida do evento nesta segunda edición.

Mercado Artesan de Baio 1

O alcalde Manuel Muíño sinalou que “é unha satisfacción comprobar a resposta da veciñanza e das persoas visitantes, o que demostra que o Mercado Artesán de Baio é xa unha cita consolidada”.

O mercado continúa este domingo, de 10:00 a 19:00 horas, coincidindo coa tradicional Feira de Baio. A programación inclúe unha sesión vermú con ‘O Tren da Unha’ ás 13:30 horas, o espectáculo de maxia ‘O mago Paco’ ás 17:00 horas e a visita especial de Papá Noel ás 18:00 horas, unha actividade especialmente pensada para o público infantil e familiar. Ademais, durante as dúas xornadas haberá pulpeira.

Mercado Artesan de Baio 3

Máis info sobre o Nadal de Zas

Comentarios