Venres. 19.04.2024
El tiempo

Celso Sanmartín recorda os seus contos nas Torres do Allo

Celso Sanmartin nas Torres do Allo
Celso Sanmartín recorda os seus contos nas Torres do Allo

O sábado 27 de Novembro concluirase o mes do Patrimonio, organizada polo Concello de Zas, con gran variedade de actividades no que se darán lugar nas Torres do Allo.
Neste día comezarase ás 16:00h “Recorda o que eu recordo”, unha demostración en vivo de traballos manuais sobre a cestería, con Ramiro e outra sobre o fiado do liño coa Asociación Amigos do Liño de Zas.

Haberá xogos tradicionais coa colaboración Melga-Museo Etnolúdico de Ponteceso e un obradoiro de trenzado de palla con Trenzarte, a asociación de artesás de San Cosme de Antes.

Ás 19:00h darase unha sesión de contos con Celso Fernández Sanmartín e para rematar o día haberá castañas e música a cargo da Asociación Cultural Adro.

Haberá prazas limitadas para poder asistir a estes eventos e será obrigatorio o uso da mascarilla reglamentaria durante os obradoiros e na sesión de contos.

Comentarios