Club de Lectura de Adultos Baiolendo recibiu a Abril Camino

Segue recibindo no IES Maximino Romero de Lema autores e autoras e primeiro nivel o Club de Lectura de Adultos Baiolendo. Este luns foi Abril Camino á que se achegou ata Baio para falar en torno ao seu libro Mulleres que viven xuntas, que foi galardoada co XLII Premio
Xerais de Novela.

Acompañadas dun café e uns doces propios destas datas de Nadal, comezou explicando o por que usa un seudónimo nas súas obras, para despois pasar a compartir as motivacións que a levaron a escribir esta novela, na que se visibiliza a historia de amor entre Chus e Isabel, dúas mulleres da xeración da posguerra española.

Esta é unha novela de pares: dúas mulleres, dous tempos (pasado e presente), un narrador en terceira persoa e outro en primeira persoa... Chus e Isabel son parella pero, á vez, son dúas persoas contrapostas; unha leva impresa a represión da sexualidade e a
outra vive máis afastada dos prexuízos alleos.