martes. 11.11.2025
El tiempo

Fernando Castro Paredes levou o premiado libro tamén ao Club de Lectura Baiolendo

Fernando Castro Paredes no Club de Lectura Baiolendo
Fernando Castro Paredes levou o premiado libro tamén ao Club de Lectura Baiolendo

Seguen chegando libros premiados ao Club de Lectura de Adultos Baiolendo, do IES Maximino Romero de Lema de Baio. Onte foi o profesor de Lingua e Literatura Castelá do IES Fernando Blanco de Cee, Fernando Castro Paredes, o que presentou o seu libro O lanzador de coitelos, Premio Galaxia 2025. 

Ao longo de 50 minutos os membros do club puideron conversar co autor aorredor dunha novela que “combina os códigos do thriller clásico cunha estrutura sofisticada e sedutora, explorando a liberdade, a memoria, o fracaso, a corrupción e a liña borrosa entre vítimas e verdugo”. 

O autor comentounos que esta obra xurdiu coa motivación inicial crear unha peza teatral cómica, ambientada no mundo do circo, pero a súa maneira de traballar, de maneira intuitiva e desenvolvendo pequenas ideas, proporcionoulle tal cantidade de material que deu lugar a unha historia totalmente diferente do inicialmente proposto: unha historia con múltiples puntos de vista, con moitas interpretacións, quizá tantas coma lectores…  Unha especie de monólogo interior que desperta a reflexión sobre a propia identidade. Unha obra aberta que responde á aspiración literaria do autor, a de escribir novelas que lle dean liberdade á imaxinación e á percepción do lector, á súa propia interpretación.

Máis novas do club

Máis novas do autor

Comentarios