Luns. 29.04.2024
El tiempo

Comezou a Semana Cultural de Zas

Comezou a Semana Cultural de Zas
Onte domingo, 31 de xullo de 2011, daba comezo a Semana Cultural en Zas, unha serie de actividades que terán o seu punto forte o vindeiro sábado, 6 de agosto, coa Carballeira de Zas. Botarémoslle unha ollo en profundidade ao cartel da Carballeira nas vindeiras horas. Na xornada de onte desenvolvíanse actuacións de música e baile tradicional da man da Asociación Adro de Baio e Castro Meda de Zas, como podemos ver nas imaxes. Tamén puidemos asistir ás exposicións, que estarán abertas ao público en horario de 16:30h a 20:30h ata o vindeiro venres, e nas que se pode atopar dende manualidades ata bordado ou cortinaxe. As fotografías non faltan, da man da exposición de Ana García que leva por título O soño azul. Aprazamento De todos os xeitos, un imprevisto provocou que a obra de teatro que se ía desenvolver na xornada deste luns, 1 de agosto, da man do Grupo Troula, quede aprazada.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Zas.

Comentarios