Xoves. 16.05.2024
El tiempo

Zas presentou o seu III Concurso de Pinchos

Zas presentou o seu III Concurso de Pinchos
O Concello de Zas presentou nas últimas horas a terceira edición do Concurso de Pinchos, que se enmarca dentro das actividades da Semana Cultural 2011. O evento nacía alá polo ano 2009, coa intención de impulsar os pinchos saudables nos bares e restaurantes de Zas. Ao longo da tarde do 2 de agosto, os establecementos exporán e convidarán a degustar as súas creacións no Centro Sociocultural de Zas. Posteriormente, os pinchos serán avaliados por un xurado, que premiará dous pinchos diferentes nas categorías de tradicional e innovador. Con esta cita, o Concello pretende dar a coñecer os bares e restaurantes do municipio e os arredores, ademáis de apostar pola calidade no sector e os alimentos saudables. Poden participar todos aqueles establecementos de hostalería do termo municipal zaense e dos concellos limítrofes. Para inscribirse, hai que dirixirse ao Centro Sociocultural de Zas ou Baio, con data límite no vindeiro venres, 29 de xullo de 2011. O xurado valorará en cada pincho a presentación, o sabor, o saudable da vianda, e o emprego de productos típicos galegos. Para máis información están habilitados os teléfonos do Centro Sociocultural de Zas, 981 751 398, ou do Centro Sociocultural de Baio 981 718 056.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Zas.

Comentarios