Completo programa cultural para o maio das Letras de Zas

18:34 28/04/17


Paralelamente xa está en marcha o IX Concurso de Marcapáxinas, Concurso destinado ao alumnado dos centros de ensino do Concello, e que xa ten as bases publicadas en www.concellodezas.org
En canto ás actividades máis destacadas relacionadas coas Letras Galegas, en homenaxe a Carlos Casares, destacamos as seguintes:
Martes, 9 de maio. Contos e Música e visitas teatralizadas para escolares (pte. concretar horarios)
Mamá Cabra, “Contos que saen dos libros”
CEIP Labarta Pose de Baio. (12.30h.)
Xoves, 11 de maio. Música
O Viravai, “As andanzas de Paio”
CEIP Labarta Pose de Baio. (12.30h.)
Luns, 15 de maio. Música
Pakolas, “As Parábolas de Pakolas”
CPI de Zas. (12h.)
Martes, 16 de maio. Teatro
Cándido Pazó, “Memorias dun neno labrego”
CPI de Zas. (12h.)
Martes, 16 de maio. Animación á lectura
Compañía do Trinke Trinke. “Contos para andar o camiño”
Biblioteca Municipal de Zas. (18h)
Xoves, 18 de maio. Música e contos
Migallas Teatro, “Canta Connosco”
CPI de Zas (12h.)
Venres, 19 de maio. Teatro
Isa Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei “Falar sen cancelas”
IES Maximino Romero Lema de Baio (13h)
Martes, 30 de maio. Animación á lectura
Compañía do Trinke Trinke. “Contos para andar o camiño”
Axencia de Lectura de Baio. (18h.)
Fonte
- Concello de Zas.