Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Concello de Zas, o primeiro concello da comarca que se propón estudar a incidencia do gas radón

medidores-gas-radon1
O Concello de Zas, o primeiro concello da comarca que se propón estudar a incidencia do gas radón

O radón é cada vez unha meirande preocupación entre científicos e sanitarios do país. A presencia, de xeito natural a través dun proceso que sofre o granito, deste gas noble en edificios e fogares (sobre todo de pedra) provoca unha maior exposición a padecer, por exemplo, cancro de pulmón.

A OMS - Organización Mundial para a Saúde - clasifica o radon dentro do grupo 1, o que significa que está demostrado que é canceríxeno para os humanos. Cando o radon pasa ao aire pódese inahalar ao respirar e unha vez dentro do corpo pode fixarse aos tecidos do pulmón e danar as células, o cal supón un risco para a formación dun cancro de pulmón. Debido ao noso tipo de chan, rico en uranio, o radon está presente en toda Galicia.

Así, os científicos aseguran que as persoas expostas a máis de 200 becquerelios por metro cúbico (bq/m3) deste gas duplican o risco de cancro de pulmón respecto a aquelas en contextos inferiores a 50 Bq/m3 na súa vivenda. Na nosa comarca, os Concellos de Muros, Muxía, Cabana, Ponteceso e Malpica están en situación de “Risco Alto” (hai máis dun 10% dos inmobles por riba de 300 bq/m3), segundo os datos do Laboratorio de Radó de Galicia.

O primeiro en amosar a súa preocupación é o Concello de Zas, que pon en marcha un estudo para a medición do gas radon en catro edificios municipais e nos catro centros de ensino. Na primeira fase de colaboración co Laboratorio Radon de Galicia, instalará uns detectores no interior destes inmobles que medirán a concentración do gas no aire nos seguintes inmobles:

  • Casa do Concello.
  • Centro de Información á Muller.
  • Centro Sociocultural de Zas.
  • Centro Sociocultural de Baio.
  • Escola Infantil de Zas.
  • CPI de Zas.
  • CEIP Labarta Pose.
  • IES Maximino Romero de Lema.

Instaláronse dous tipos de detectores. Uns medirán as trazas de gas radon en aire interior durante tres meses e estes combinaranse con outros medidores en continuo que farán diferentes medidas nun periodo de cando menos tres días. O estudo, que ten un custe de 6.445,35€, é pioneiro na comarca.

Aquí, un vídeo explicativo dos compañeiros de Gciencia:

Comentarios