O GDR presenta o proxecto Tierra de Oportunidades
A Asociación Costa da Morte – GDR, co financiamento de CaixaBank, invita á veciñanza á presentación dos vídeos do proxecto Tierra de Oportunidades 2025 – Costa da Morte.
O encontro terá lugar o 02 de decembro ás 19:00 h no Centro Sociocultural de Baio (Concello de Zas).
Na sesón haberá unha mesa redonda sobre axudas públicas, moderada por Dolores Pena Pena (Afiprodel), con: Rosa Sánchez Martínez, ADL no Concello de Vimianzo, Guillermo González Díez, Galp Costa da Morte e José Antonio Vila García, GDR Costa da Morte.
De contado proxectaranse os vídeos cunha conversa cos protagonistas: Ana Trasariz, Casa da Marola, Despensa D’Lujo, Espazo Nature e Lar de Canedo
Pechará o evento a cargo de Rafael Suárez Pais, de CaixaBank
A asistencia é gratuíta, pero é preciso confirmar participación ata do 28 de Novembro no correo electrónico gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com ou por teléfono no 981 717 358 ou 678 648 065.