Xoves. 12.12.2019
El tiempo

A Coral Xan Mella triunfou en Padrón co seu ecléctico repertorio pop

A Coral Xan Mella de Baio en Padrón
A Coral Xan Mella de Baio en Padrón
A Coral Xan Mella triunfou en Padrón co seu ecléctico repertorio pop

Ata Padrón desprazouse a Coral Xan Mella de Baio para participar este sábado no 32º Festival de Santa Icia. Máis que satisfeitos voltaron despois dos aplausos que lles brindou o numeroso público asistente e compoñentes das outras corais participantes que foron a Polifónica padronesa e a Rondalla de Cariño.

A coral que dirixe Tatiana Pankrátova sacou o seu ecléctico repertorio, sacando punta aos seus modernos temas pop (Anduriña de Juan e Junior e Chiquitita de ABBA), a fermosa habanera “Paloma mensajera” para rematar coa cantiga galega Ruada de Chamosa sendo moi aplaudidos e felicitados polo
A participación neste festival de polifonía foi posible grazas á colaboración do Concello de Zas e da Deputación da Coruña.

Preparando o Memorial Pepe Valiña

A coral baiesa prepara xa a vindeira cita que será o sábado 14 de decembro na Igrexa nova de Baio onde organizaran o XVI Memorial Pepe Valiña no que ademais dos anfitrións actuaran o Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña, a Coral de Padrón e a Coral Tanxedoira de A Coruña.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios