Venres. 29.03.2024
El tiempo

Dezaoito obras participan na II mostra de teatro afeccionado de Zas

Dezaoito obras participan na II mostra de teatro afeccionado de Zas
mostra-teatro-zas O concello de Zas reparte 1500€ en premios entre as obras que se representarán do 22 de abril ao 20 de maio Un total de dezaoito obras pertencentes a quince compañías participan na II mostra de Teatro Afeccionado organizada pola concellería de Cultura do concello de Zas. Agora o xurado - formado por Manuel García Velo (concelleiro de Cultura de Zas), Ana Lucía Otero Ramos (animadora cultural do concello de Zas), Ricardo Vigueret Gil, Alberto Villar López e Pablo Soto Videla, como representantes do grupo de teatro Badius - seleccionaran os cinco espectáculos e tres reservas que se representarán os días 22 e 29 de abril e 6, 13 e 20 de maio. As representacións repartiranse entre os auditorios de Baio e o de Zas e a entrega de premios terá lugar o 28 de maio. En total, repartiranse 1500€ en premios que se distribuirán nun primeiro premio de 700€; un segundo premio de 500€; un terceiro premio de 300€. Tamén haberá un recoñecemento ao mellor actor e á mellor actriz consistente nun trofeo e nun diploma acreditativo. O obxectivo desta actividade é a promoción e a difusión de grupos de teatro afeccionados e o uso do galego nas artes escénicas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios