Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Empresari@s de Baio únense fronte ao declive comercial

rua-baio-ten-a-pelota-2023
Empresari@s de Baio únense fronte ao declive comercial

Hoxe xoves día 30 de setembro, ás 21h00 no auditorio de Baio, terá lugar unha xuntanza para reactivar o tecido empresarial de Baio. A iniciativa parte pola necesidad de impulsar a vila tralo máis que posible pasamento da Asociación de Empresarios Comarca de Soneira. A activa entidade desenvolveu durante moitos anos unha gran cantidade de propostas, como as xa instauradas campañas do Punto Rojo ou do Baio ten a pelota, recollidas polo Concello como acción municipal.

Pero a saída o pasado nadal da presidencia de Tatiana Rellán, deixou a entidade orfa de liderato, e a pesar das continuas reunións para escoller nova directiva, non houbo ninguén que tomase o relevo. Así, na última, celebrada este martes, quedouse en que o vindeiro febreiro, cando remata unha subvención pedida xa pola penúltima directiva, a asociación botará o peche.

En calquera caso, o tecido empresarial está moi vivo e unido despois de todos estes anos. Así o refrendan os dous grupos de whastapp que ferven as estas horas, un para o comercio e servizos con áis de 40 establecimentos, e outro da hostalería.

Todos están pendentes de asistir á reunión de hoxe co rexedor, Lolo Muíño, para falar da dinamización da vila de Baio de cara ao nadal. A reunión intentará asentar unhas bases de actuación pensando no ano 2024 para reactivar novamente a vila.

Comentarios