Érica Esmoris e Andrea Micc guían este luns un “Encontro coas letras” no Follas de Outono de Zas
Co obxectivo de gozar da literatura dunha forma directa e cercana mañá a partir das 16:30 horas temos no Auditorio de Baio unha das sesións dos “Encontros coas letras”, promovido pola Deputación da Coruña - a través da Biblioteca Provincial - e AGER - Asociación Galega de Escritores e Escritoras.
O “Encontro coas letras” que celebramos mañá estará guiado por Érica Esmoris e Andrea Micc, dúas escritoras galegas que farán un fronte a fronte coa comunidade lectora. A actividade terá lugar no Auditorio de Baio e comeza ás 16:30 horas. Está dirixida ao público xuvenil e adulto.
Esta é unha actividade que se enmarca no ciclo literario e cultural “Follas de Outono”, organizado polo Concello de Zas, que se puxo en marcha no mes de outubro e que nos ofreceu diferentes encontros literarios e outras actividades culturais ao longo destes meses.

