Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Escola Infantil de Zas terá 10 prazas trala súa ampliación

escola-infantil-galiña-azul-zas
A Escola Infantil de Zas terá 10 prazas trala súa ampliación

A vindeira semana rematarase a redacción do proxecto da ampliación da Escola Infantil de Zas, que pertence á rede pública A Galiña Azul. A partir de aí aínda quedará o proceso de licitación, a adxudicación e a realización das obras, para que estea rematada.

Unhas obras que permitirá ofrecer 38 prazas para nenos e nenas 0 a 3 anos, 10 máis que a capacidade actual, tendo un total de 7 prazas para a aula de 0 a 1 anos; 12 para de 1 a 2; e 19 para de 2 a 3.

Os traballos de ampliación da escola infantil realizaranse no primeiro andar do edificio actual co fin de que o proceso de execución das obras non interrompa o día a día do centro. Entre as melloras a realizar destacan a colocación dun ascensor, a creación dunha cociña totalmente equipada e construción dunhas salas máis amplas.
O Concello de Zas financiará con fondos propios a inversión prevista para estas obras.

Comentarios