Venres. 29.03.2024
El tiempo

"Esperamos que nesta segunda edición Zas consolide a Mostra de Teatro Afeccionado dentro da axenda cultural"

"Esperamos que nesta segunda edición Zas consolide a Mostra de Teatro Afeccionado dentro da axenda cultural"
manuel-garcia-velo-cultura-zas A concellería de Cultura de Zas, con Manuel García Velo ao frente, organiza por segundo ano a Mostra de Teatro Afeccionado Xa está todo preparado para que mañá arranque a II Mostra de Teatro Afeccionado organizada polo concello de Zas en colaboración co grupo de teatro Badius. A responsable de darlle o pistoletazo de saída a cinco sábados cargados de teatro é a compañía Pinchacarneiro de Noia que traerá ao auditorio de Zas a súa obra "L". O concelleiro Cultura de Zas, Manuel García Velo - Lito -, área dende a que se organiza o certame, espera que nesta segunda edición a mostra se consolide na axenda cultural de Zas grazas á implicación do público.
  • QPC: Cal é a principal novidade da 2ª edición da Mostra de Teatro Afeccionado de Zas?
Este ano conta a opinión do público. En cada unha das cinco funcións repartirase un cuestionario no que o espectador valorará tanto a obra como a organización. A información recollida a través destes cuestionarios terá a súa influencia no veredicto do xurado.
  • QPC: Como discorrerá a Mostra?
En total serán cinco representacións que se realizarán os sábados 22 e 29 de abril e 6, 13 e 20 de maio ao que lle hai que engadir o acto de entrega de premios que terá lugar o domingo 28 de maio xunto coa clausura da X Escola Municipal de Teatro Infantil. Todas as sesións serán ás 21 horas horas e repartiranse entre os auditorios de Baio e de Zas. A entrada é sempre de balde.
  • QPC: Que tipo de obras se representarán?
Ainda que predomina a comedia, na selección intentamos que estivesen representados todos os estilos. mostra-teatro-afeccionado-zas As obras representaranse os sábados do mes de abril e maio nos auditorios de Baio e Zas
  • QPC: Cal vai ser a primiera das actuacións?
Comezamos este sábado coa obra "L" de Pinchacarneiro Teatro de Noia que a representará no auditorio de Zas. Esta é unha comedia musical na que os personaxes profundizan na relación entre o moral e o inmoral. Ten unha duración de 75 minutos e está dirixida a maiores de 13 anos.
  • QPC: Cantas obras se presentaron?
Nesta edición presentaránose un total de 18 obras de compañías de case todos os puntos da comunidade, dende Ferrolterra ata Vigo. De esas, cinco quedaron de finalistas que son as que se representarán durante esta segunda edición da Mostra.
  • QPC: Cal é o premio?
Cada unha das cinco obras seleccionadas recibirá unha axuda de 200€ para gastos de montaxe e outros gastos que lle poda ocasionar a propia mostra.  Ademais repartiranse 1500€ en premios que se distribuirán nun primeiro premio de 700€; un segundo premio de 500€ e un terceiro premio de 300€. Tamén haberá un recoñecemento ao mellor actor e á mellor actriz consistente nun trofeo. Todos os participantes na mostra recibirán un galardón elaborado polos usuarios e usuarias de Aspaber.
  • QPC: Quen compón o xurado da Mostra?
O xurado está formado pola animadora sociocultural do concello de Zas - Lucía Otero -; por tres membros do grupo Badius - Pibe Soto, Alberto Villar e Ricardo Vigeret - e eu mesmo.
  • QPC: Como naceu a Mostra de Teatro Afeccionado?
Esta Mostra de Teatro Afeccionado forma parte do programa "O mes das letras" que naciu cunha programación centrada principalmente nos centros educativos e que foi medrando ata incluir esta actividade de ocio para o público adulto na que ademais se pon en valor as letras galegas.
  • QPC: O teatro é unha peza clave dentro da axenda cultural da Costa da Morte. Cal é o motivo que leva a unha concellería de cultura a organizar unha mostra deste tipo?
A experiencia de programas como o FIOT de Carballo ou a programación cultural do concello de Vimianzo, e outras máis, demostra que o público responde ben ante este tipo de convocatorias. No caso de Zas, houbo varios motivos que nos levaron a facer esta mostra. Por unha parte, temos unha compañía de teatro afeccionado como é Badius con máis de 30 anos de traxectoria e temos escolas de teatro infantil e adulto; polo que o seguinte paso era facer unha mostra.
  • QPC: Preténdese a mostra sexa un motor para activar o sector hostaleiro e comercial?
A mostra é unha alternativa de ocio para o público adulto que pretende incentivar o movemento económico dentro da vila. Hai quen aproveita a mostra para saír a cear ou a tomar algo despois da función ou tamén a vir algo antes para mercar algo nunha tenda. Novas relacionadas Fonte

Comentarios