Estrella e Jose María volven casar
Este sábado, a Igrexa de Baio volve vivir un emocionante evento. Estrella García García e Jose María Miñones Sousa casan. Pero casan por segunda vez, 50 anos despois. E para festexar as vodas de ouro van celebrar unha festa familiar, como non, no Hostal Miñones.
A historia de Estrella e José María é completa e representa á perfección a de tantas familia da Costa da Morte que emigraron ao corazón de Europa. Ambos naceron en Baio. José María traballou no aserradoiro dos seus pais en Torelo e fixo tamén de mecànico. Estrella era costureira, pero a cociña, sobre todo nas festas, era a súa especialidade.
Tiveron 3 fillos, (Ismael, Suso e Martín), pero decidiron coller a maleta e buscar un futuro algo mais seguro en Suiza, como centos de galegos naqueles finais dos anos 70, deixando ás crianzas coas avoas.
Cos cartos que aforraron despois de 5 anos de laboro na diáspora (non aguantaron moito sen as crianzas) volveron para estar cos seus fillos e montaron unha carniceria na súa vila Isjema, que xuntaba as tres primeiras sílabas dos seus fillos. “Moito cachondeo tivemos no cole con iso”, bromea Ismael.
Foi aí cando decidiron crear o Hostal Miñones, sustento da familia dende hai décadas.
Hoxe, sábado 30 de novembro cúmprense xusto 50 anos de casados, e vano celebrar cunha misa e cunha boa festa no propio hostal, superando a que fan todos os anos, nunha festa aderezada pola parella de Fernando, á espera doutro xantar familiar no que protagonista será o famoso pavo recheo de Estrella.