Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Falando de orientación universitario coa comunidade educativa de Baio

Falando de orientación universitario coa comunidade educativa de Baio

Comezamos este mércores, nos #DirectosQPC (ás 15:00h a través do Facebook Live de Quepasanacosta) unha serie de Faladoiros coa xente do IES Maximino Romero de Lema de Baio, arredor do seu proxecto educativo en tempos de crise. Unha proposta que nace despois da celebración online da festa baiesa dos 100 anos.

Faremos algunha sesión con personalidades que teñen pasado polo centro baiés para que compartan as súas impresións, pero hoxe comezamos cunha sesión de orientación de cara a ese alumnado de Baio, e de toda a comarca, que afronta a “Selectividade” máis estrana da historia, para despois escoller as súas carreiras universitarias. Unha sesión necesaria, pois non todos temos claro o noso futuro aos 18 anos. É certo que hai xente que ten unha vocación clara dende noviños, pero moitos acabamos decidindo a carreira que nos parece menos mala.

Tivemos canda nós a Judith Carbajo, mestra do centro, que nos vai axudar na mediación, e o alumno Jorge Rial, de 2º.

Os protagonistas foron Atenea María Senande Costa, que cursa o Grao de Economía na Universidade de Santiago de Compostela; Eloy Silvariño, que está estudando Enxeñaría en Organización Industrial ademais de formarse para ser Tenente da Garda Civil; Xandro Calvo Rojo, que fai Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural; e Mar Torrado, que estuda Terapia Ocupacional na Universidade da Coruña.

Os [email protected] debullaron as súas inquedanzas, que semellanzas e diferencias atopan na vida na Universidade ante a vida escolar; aconsellaron sobre como atopar a túa vocación; desmitificaron lendas do mundo universitario, e tamén explicaron como é o día a día dunha universidade galega en plena corentena (“caótica”).

Novas relacionadas

comentarios