Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Baio celebra na rede a súa Festa dos 100 anos

Baio celebra na rede a súa Festa dos 100 anos

Interesantísma a conversa que tivemos este venres 8 de maio nos #DirectosQPC (a través Facebook Live) das 15:00h. Un café para celebrar a Festa dos 100 anos, unha festa referencial que suma os 25 anos do IES Maximino Romero de Lema, os 35 anos de Badius Teatro e os 40 anos da Asociación Cultural Adro. Unha festa que trata de darlle a volta á Guerra dos 100 anos de Galeano para tecer o pobo de Baio a través de 3 entes tan imporantes.

”A suma era máxica, os 100 anos de cultura e transmisión patrimonial no pobo de Baio”, polo que tiñan deseñada unha serie de accións conxuntas para facer un convivio o vindeiro sábado 23 de maio. Para que non quede a data sen celebrar, e da man do activo director do centro, Manolo Maseda, armamos este encontro co Presidente de Adro, Fran Gavín Villar, e o directivo de Badius, Ricardo Vigueret. Tres xeracións de activa vida cultural e asociativa que demostran a vitalidade da singular vila baiesa.

Asociacionismo

Baio e asociacionismo son practicamente sinónimos. Diso tamén falamos con Ricardo, historia viva do movemento asociativo de Baio (foi de feito fundador de Adro), e con Fran, herdeiro de todo esa creatividade social.

Divulgar dende o ensino en tempos de crise

Maseda ten claro que o empoderamento do alumnado, comezando por escoitalo, é unha das chaves de ensinar. Froito desa filosofía é a cantidade de proxectos desenvoltos polo propio alumnado e as gañas de crear “un proxecto educativo maravilloso de divulgación en tempos de crise”. Como “Contedor Cultural” que é o IES baiés, Maseda formula a idea dunha serie faladoiros con personalidades que pasaron polo Centro ao longo de tantos anos e deixar un repositorio audiovisual para a historia.

Outra idea é invitar a ex alumn@s para facer directos na rede para que lles conten as súas expereciencias estudando as súas carreiras. Un xeito de orientar de primeira man ao alumnado que estes meses terán que afrontarse á “Selectividade” máis estrana da historia.

QPC tende a man ao alumnado de Xestión Cultural e Imaxe e Son do Centro para desenvolver esta fermosa iniciativa educativa e divulgativa. Así, a partir de xa, os mércores ás 15:00h da tarde iremos tomando cafés con diferentes realidades no Facebook Live de Quepasanacosta.

Comentarios