Fornelos une a música galega co flamenco na procura de talento da música de raíz

Este venres 11 de abril, o Fonte de Fornelos, en Baio (Zas), acolle un evento no especial no marco do proxecto Interritmos 2025, desenvolto dende a Fundación Paideia, coa colagoración do GDR, a Fundación Paco de Lucía e tamén a Asoc. Veciños Fornelos. Un proxecto formulado para detectar e formar novos talentos da música de raíz, e que mellor que o corazón da comarca de Soneira para atopalo.
Así, a partir das 18:00h, a fonte acollerá unha singular Jam Session da man de artistas como mostra de interacción sociocultural - musical entre flamenco e música galega.
A Flautaora Trinidad Jiménez e o acordeonista Andrés Boutureira (Guísamo), reflexionarán sobre a “Foliada” e a “Jarana” como festas precursoras das jam sessions mundiais. Moderará Patricia Hermida
De seguido, a xente da AC Adro de Baio demostrará como se canta e baila nunha foliada da terra, para deixar ao remate unha degustación de produtos locais.
As inscricións están abertas ata o mércores 9 en interritmos@paideia.es.