![en negro-contra-a-violencia]()
Entre os días
18 e 28 novembro, máis de cen establecementos do municipio de Zas tinguirán de negro os seus escaparates, estantes e maniquís sumándose así a
campaña “En Negro contra a violencia” posta en marcha polo Centro de Información á Muller do concello de Zas. Ante o éxito da convocatoria, o alcalde - Manuel Muíño - manifestou a súa satisfación pola boa resposta que están dando os pequenos comercios do concello a esta campaña de concienciación. “É un orgullo para un concello de 4.000 habitantes que participen a práctica totalidade dos comercios que foi posible grazas á colaboración da Asociación Empresarios Comarca de Soneira”, sinala Muíño.
Entre os participantes atópanse comercios de todos os sectores; textil, calzado, alimentación, farmacia e parafarmacia, hostelería,… ubicados principalmente en Baio e en Zas. Na campaña participan tamén tres centros educativos do municipio.
Concellos participantes
En Negro Contra a Violencia é unha campaña para concienciar á cidadanía sobre a lacra da violencia machista impulsada pola concellería de Igualadade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago de Compostela. Este ano, son 16 os concellos que se sumaron á iniciativa que se enmarca dentro do
día internacional Contra a Violencia de Xénero que terá lugar o vindeiro
25 de novembro. Os concellos participantes son: A Coruña, Ames, Cangas,
Carballo, Ferrol, Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Santiago de Compostela, Sarria, Teo, Tui, Vilalba e
Zas.
A campaña xa conta cunha
páxina de Facebook na que se actualizan novas e información sobre o transcorrer da campaña en todos os concellos adheridos. Así mesmo, nos vindeiros días estará operativa a páxina web
www.ennegrocontraaviolencia.gal na que ademais de atopar información específica, poderase visionar un mapa con todos os establecementos que participan na campaña.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Zas