Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Mercado de San Ramón volve encher de artesanía, música e merendas as Torres do Allo

Romeria de SAn Ramon Torres do Allo 222
O Mercado de San Ramón volve encher de artesanía, música e merendas as Torres do Allo

Como cada 31 de agosto a parroquia de O Allo celebra o San Ramón. E co fin de continuar coa recuperación desta romaría tan popular entre a veciñanza, o Concello de Zas deseñou un programa de actividades, en colaboración coa Deputación da Coruña, que se desenvolverá o propio día da festa na contorna do pazo das Torres do Allo.

Entre as 11:00 e as 15:00 horas haberá diferentes postos de artesanía da zona (liño, encaixe, xoias, instrumentos musicais, cesteiría, palla, debuxos feitos con café, complementos,…). Esta é unha romaría para toda a familia, así que a partir das 12:00 horas realizaremos un obradoiro infantil de barro para o que é necesario anotarse en calquera destes números de teléfono: 981 75 13 98 / 981 71 80 56. Ao longo da mañá tamén haberá demostracións sobre a montaxe de pandeiretas, elaboración de cestos e de creacións con palla trenzada.

Tamén teremos música ao vivo e iso das 13:30 horas o grupo “Tres Pesos” ofreceranos un concerto. E despois darémoslle paso ás tradicionais merendas de campo nun espazo habilitado para este fin e ao que se poden unir todas aquelas persoas que o desexen coa súa propia comida. Tamén haberá unha pulpeira, que estará instalada diante do bar-restaurante das Torres do Allo.

Comentarios