Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ninguén se lle escapa ao “Señor Julio” sen mercar unha rifa nos partidos do Baio

Ninguén se lle escapa ao “Señor Julio” sen mercar unha rifa nos partidos do Baio
Julio Castro historia viva do CD Baio 2 Julio Castro, historia viva do CD Baio

Hai persoeiros no Fútbol da Costa que son verdadeiros protagonistas na sombra. Sempre falamos en QPC sobre a importancia das directivas, para que xogadores e afeccionados disfrutemos do mellor dfútbol do mundo, o noso, o auténtico fútbol modesto. E hoxe intentaremos poñerlle cara a esas xentes que non aparecen nas crónicas.

Hoxe falamos do “Señor Julio”, un dos membros da directiva do CD Baio dende 1982. Julio Castro López, naceu no 1932, e leva 35 anos percorrendo cada domingo en moto os case 8 quilómetros que separan O Piñeiro (en Anos), de Baio. O “Señor Julio” vai a todos os partidos, non só aos da casa. Xa que logo foi sempre un fixo no autobús baiés e coñece case os campos todos da provincia. Os condutores de agora non precisan GPS se vai el no bus. Pero é no Platas Reinoso onde xa é toda unha lenda.

O “Señor Julio” é a primeira persoa que un ve ao chegar ao campo baiés. Na porta non deixa que pase ninguén (nin os xogadores) sen mercar unha rifa, esa silenciosa forma de facer caixa tan necesaria para os clubs costeiros. “A de cartos que debe levar recadados para este club”, valora o actual presidente, Chema Rei.
Aproveita o devir do partido para contarlle historias a Buddy, outro dos directos máis novos do club, para recordar vellas historias do fútbol de antes. Unhas historias que valen unha patria.

O Señor Julio empezou na Directiva, como dicimos, no 1982 co seu veciño de Anos Julio Díaz de presidente. E despois estivo con todos os presidentes que lle seguiron: Calabanda, Pepe Muiño, Ramón Touriñán, Pepe Gavín, Faustino Espasandín, Ramón Souto, Óscar Lema, Diego Díaz e comigo. Case sempre figurou como vogal, pero ocupou cargos maiores como o de tesoureiro ou vicesecretario e nas temporadas 88-89 e 94-95 foi vicepresidente con Julio Díaz e Touriñán, respectivamente.
En bastantes desas temporadas tamén foi delegado do primeiro equipo, sobre todo nos encontros como visitante.

O premio Chema Rei define a súa presencia no Platas Reinoso: ”O seu labor destes anos pódese corroborar co cariño con que o saudan antigos xogadores ou adestradores do club que se achegan polo campo ou no respecto de directivos doutros clubs que se deteñen a conversar con el. En definitiva, é deses directivos que son imprescindibles nun club”.

Julio Castro historia viva do CD Baio 2 Julio Castro

Fonte

Comentarios