Martes. 05.11.2024
El tiempo

Nova fin de semana de accidentes

Nova fin de semana de accidentes
Accidente en Baio-Foto-Oscar de Souto Accidente en Baio-Foto-Oscar de Souto Foi unha fin de semana xeada esta na Costa da Morte. Moitas estradas cubríronse de saraiba provocando varios accidentes, como o que tivo lugar, sen graves consecuencias, na AC-552 a altura da ITV de Baio, no Concello de Zas, o sábado arredor das 9:30h.

Liberada unha muller atrapada no interior do vehículo que conducía ao saírse da vía en Carballo

Os bombeiros de Carballo excarceraron esta mañá de luns 29 de febreiro, a unha muller que quedou atrapada no interior do vehículo que conducía. O particular que, ao fío das 08:00 horas, chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda, indicou que o turismo circulaba á altura da parroquia de Cances, na estrada que une Carballo e Malpica, e, tras saírse da vía chocou contra un muro e envorcou. Dende o CAE 112 Galicia pasouse aviso a Urxencias Médicas e aos efectivos do parque comarcal que, unha vez no lugar confirmaron que a condutora –xa liberada- quedara atrapada polo cinto do vehículo e estaba sendo atendida polos técnicos sanitarios. A intervención da Garda Civil de Tráfico e a dos membros de Protección Civil de Carballo tamén foi requirida polo persoal do 112 Galicia, así como, a do persoal da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

Excarcerada unha persoa nunha saída de vía en Santa Comba

Un accidente de tráfico no concello de Santa Comba saldouse cunha persoa excarcerada na noite do venres ao sábado. O CAE 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro ás 00:45 horas desta madrugada. Foi un particular o que alertou que sufrira unha saída de vía. Decontado, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Santa Comba, que liberaron a unha persoa que quedara atrapada dentro do vehículo. Urxencias Médicas, tamén alertado polo persoal do 112 Galicia, trasladou á persoa ferida a un centro sanitario de referencia. Os feitos tamén foron postos en coñecemento de Protección Civil de Santa Comba e da Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Accidentes 2016-2015

Fonte

Comentarios