Martes. 07.05.2024
El tiempo

Novo parque infantil en Zas

Novo parque infantil en Zas
O Concello de Zas inaugurou na mañá do pasado venres un novo parque infantil, situado na Praza do Campo. Á cita acudiron o rexedor municipal, Manuel Muíño, varios membros da Corporación, e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo. O proxecto contou coa aportación de 65.000 euros por parte do ente provincial, a través do Plan de Parques Infantís do organismo provincial. Calvo lembrou que o seu obxectivo é que a Deputación continúe a colaborar cos concellos da provincia, “sobre todo cos máis pequenos”. Diego Calvo laiouse de que “a situación económica non é doada, pero a miña intención é seguir mantendo as liñas de actuación”. Instalacións En canto ao parque infantil, a infraestrutura conta cun acceso adaptado, así como cun novo pavimento de baldosa de goma e hidráulica. Tamén se fixo o peche perimetral, e acondicionouse o muro existente, a rampla e o portal de estructura metálica. No que se refire ao equipamento, instalouse un xogo composto de plataforma, tobogán, escaleira e barra de aceiro inoxidable; así como un bambán, xogo de resortes con cadeira modelo cabalo e moto; banco, balancín, papeleiras, e carteis informativos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Deputación da Coruña.

Comentarios