![concurso de pinchos 2011 zas gañadores]()
Na xornada de onte, martes 2 de agosto, tiña lugar no Concello de Zas o III Concurso de Pinchos, actividade enmarcada dentro da programación da Semana Cultural. Namentres o xurado deliberaba, puxeron a nota musical os gaiteiros da Asociación A Fonte de Fornelos. Foi moita a xente que acudiu probar os pinchos.
![degustacion publico concurso pinchos zas 2011]()
Estes son os resultados do concurso
Primeiro premio na categoría de pinchos tradicionais: Restaurante Palacio de Cristal, coa croqueta de queixo de Arzúa e marmelo.
Segundo premio na categoría de pinchos tradicionais: Casa Rogelio de Baio, co freixo.
Primeiro premio na categoría de pinchos innovadores: Restaurante Mar de Ardora, con arroz con grelos e carabineiros.
Segundo premio na categoría de pinchos innovadores: Restaurante A Lareira de Baio, con calabacín recheo de boi.
![concurso pinchos zas 2011 restaurante a lareira]()
O xurado estivo formado por Antonio Souto Ferraz, José Antonio Tato Louzao, Pablo Paz Rey e Marcos Fernández López.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Zas.