![escola teatro zas]()
A escola de teatro infantil e para adultos é unhas actividades máis demandadas
O concello de Zas acaba de dar a coñecer o seu
programa de actividades para o 2016/2017. Como vén sendo habitual haberá actividades dirixidas a todos os públicos e de temáticas variadas.
O deporte será unha peza fundamental do programa. Así o concello oferta ximnasia, ximnasia terapéutica, tiro con arco, multixogo, escolas deportivas, patinaxe, balonmán, judo, tenis de mesa e fútbol. As manualidades tamén terán protagonismo neste programa con cursos de bodado, calceta e tapicería. Ademáis haberá un curso de cociña, de informática básica e de perfeccionamento, poda e enxerto, guitarra, escola de memoria, teatro para nenos e para adultos,
As inscricións realizaranse antes do 2 de novembro no concello de Zas ou no número de teléfono 981 708 303. As listas de admitidos nas diferentes actividades expoñeranse o día da inauguración das actividades que será o venres 4 de novembro ás 21 horas no centro sociocultural de Zas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Zas