domingo. 01.12.2024
El tiempo

O Concello de Zas xestionará as visitas e a difusión das Torres do Allo

O Concello de Zas xestionará as visitas e a difusión das Torres do Allo
Visita da Deputación ás Torres do Allo Visita da Deputación ás Torres do Allo

Onte tocaba visita da vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, polo Concello de Zas. Tocaba avaliar as liñas de colaboración existentes e, en especial, a delegación da xestión das Torres do Allo, aprobada no pasado pleno da corporación, primeiro paso de cara á futura transferencia da titularidade do ben.

Por vez primeira, o Concello de Zas xestionará a visita e difusión das Torres do Allo, un dos bens patrimoniais da Deputación da Coruña, a través dun convenio que contempla a atención a visitantes e a promoción dun dos monumentos de referencia na comarca.

Unha boa aposta para manter vivo un legado histórico e etnográfico, desafortunadamente durante moitos anos pola Asociación Neria. Polo de pronto, xa se albisca un completo programa de actividades e visitas para dar a coñecer o patrimonio durante este verán.

O alcalde de Zas, Manuel Muiño, mostrouse receptivo á proposta de transferencia da titularidade do ben que ambas institucións estudarán conxuntamente mais, polo momento, valorou que a xestión de visitas e a promoción pasen a depender do propio concello. “Queremos dar a coñecer as Torres do Allo, en primeiro lugar na propia comarca e preparamos un programa de visitas escolares xa que os rapaces e rapazas da contorna descoñecen o monumento”, sinalou Manuel Muiño que confía na posibilidade de promover as Torres do Allo como porta de entrada principal de visitantes que se dirixen á Costa da Morte. “A súa particular situación na estrada de maior afluencia á Costa da Morte dálle posibilidade de se converter nun escaparate da riqueza turística e patrimonial da ruta, desde Dombate a Camariñas ou Fisterra”, sinalou.

O convenio de colaboración aprobado no pasado pleno da Deputación para a delegación da xestión das Torres do Allo está dotado con 33.000 € destinados á atención das visitas ao monumento e á programación para a súa difusión. Ademais, falouse da Carballeira de Zas, que concorrerá a unha liña de axudas destinadas a festivais.

Fonte

  • Deputación.

Comentarios