Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O IES de Baio coida o patrimonio natural dende casa ata o Parlamento Europeo

O IES de Baio coida o patrimonio natural dende casa ata o Parlamento Europeo

Impresionante, coma sempre, o traballo do IES Maximino Romero de Lema de Baio. Alá onde van arrasan, e desta volta fano dende casa coa creación audiovisual enfocada á natureza. Dende casa, e para toda Europa, pois en breve marchan cara Bruxelas a coñecer o Parlamento Europeo por dentro nunha viaxe cultural.

Pero comezamos por casa, pois o pasado venres, os alumnos aproveitaban para presentarlles a pais e nais, profesorado, antigos/as alumnos/as... o seu último traballo. Encheron o Pavillón de Baio para disfrutar a súa última documental medioambiental (ollo o mérito de encher o pavillón sen que haia fútbol polo medio...), esta sobre sobre a Rede Natuta 2000, concretamente sobre a zona entre o Río Anllóns ao Río Xallas: "Terra, Mar e xentes- A Rede Natura 2000 na Costa da Morte". Aquí xa a podemos ver:

Baio nun Congreso de Educación Ambiental

Todo isto vén de lonxe. O Equipo de Normalización Lingüística do centro leva participando desde hai 6 anos nun Congreso de Educación Ambiental para centros de ensino organizado polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. Durante os cinco Congresos anteriores, traballaron nalgúns espazos da nosa comarca cun importante interese natural: os Penedos de Traba e Pasarela, o tramo de Costa de Traba a Camelle, o Cabo Touriñán e o Monte Pindo. Todos, espazos localizados dentro da Rede Natura 2000, no Lugar de Interese Comunitario (LIC) da Costa da Morte.

Estes traballos (podedes disfrutar dos vídeos na Revista A Cidá da páxina web do centro) chegaron a coñecemento do Grupo Parlamentar Os Verdes-Alianza Libre Europea, e dado que os grupos do Parlamento Europeo contan, dentro do seu orzamento, cunha partida destinada a visitas de grupos escolares e os baieses foron seleccionados (a proposta da deputada do BNG Ana Miranda) xunto a un centro de Monforte.

Así que se puxeron en marcha cun novo vídeo documental sobre a Rede Natura 2000 na Costa da Morte (nestes momentos estase a discutir no Parlamento Europeo o futuro desta rede de espazos protexidos: o nivel de protección, as actividades que se poden autorizar, a súa ampliación...). Desta volta, centraron o proxecto nos territorios máis próximos ao centro, entre o Río Anllóns e o Río Xallas).

Viaxe ao Parlamento Europeo

E como diciamos, o 27 de Xuño parten de Baio dirección Bruxelas. Esa tarde disfrutarán libremente da capital belga, e ao día seguinte, ás 11:00h xa se adentrarán no centro das decisións da Unión Europea. Farando da man da deputada Ana Miranda, e poderán disfrutar da proxección do vídeo "Terra, Mar e xentes- A Rede Natura 2000 na Costa da Morte", elaborado polo propio participante. Xantarán no propio Parlamento Europeo e a visita oficial será pola tarde.

Ademais, terán tempo de coñecer a fermosa cidade de Bruxas, antes de voltar a Baio o día 30.

Vídeos medioambienais da Revista A CIdá

E tras ver o último vídeo natural sobre a zona, adxuntamos varios das documentais que teñen publicada na Revista A Cidá:




Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios