135 alumnos recollen máis de 500 quilos de lixo dos areais da Costa da Morte


Aí están os alumnos de 1º ESO, do IES de Baio conmemorando o Día Mundial dos Océanos de limpeza na Praia de Traba!
Así celebraron a data uns 700 alumnos de toda Galicia o pasado 8 de xuño, participando nunha mundial Limpeza Simultánea de Praias baixo o lema Únete e limpa a túa praia!. Unha proposta que trouxo ADEGA a Galicia tras unha convocatoria da Fundación Biodiversidad.
Na bisbarra foron 5 praias as que viviron a xornada de maquillaxe. E foron 4 centros de ensino, unha asociación e un Concello os que participaron. En total foron unhas 135 persoas (a meirande parte alumnos) e máis de 500 quilos os recollidos nos areais da zona.
Todas e todos tiñan o mesmo fin, limpar a praia e crear conciencia. Foron milleiros de kilos os que se retiraron das praias a maioría de orixe plástico. Cordas de todo tipo, aparellos de pesca, caixas, botellas, tapóns, e outros tantos restos que rematan cada día no mar.
Ben agradable foi esoitar aos máis pequenos razoar que "os plásticos son malos porque moitos animais morren pola súa culpa", pero é que a cousa ten o sen sentido: O plástico nos océanos afecta á flora e fauna mariña, nomeadamente para algunhas especies ameazadas como cetáceos, tartarugas ou aves mariñas, xa que inxiren plásticos confundíndoos con alimento. Tamén poden acabar enredados en bolsas, sacos ou redes que lles provocan graves lesións, dificultades para moverse e, finalmente, poden causar a súa morte. Outro dos problemas é que o plástico acaba desfacéndose en pequenos anacos que son inxeridos por peixes que poden rematar nos nosos pratos. Isto fai que os compoñentes tóxicos e perigosos dos plásticos pasen aos seres humanos, afectando directamente á nosa saúde.
Un traballo que, por certo, debería vir a conta dos Concellos, pero parece que o voluntariado está aforrando custes aos municipios.... Estas son as cifras da limpeza nas 5 praias da Costa da Morte:
Concello | Praia | Colectivo | Nº Voluntarios | Kg retirados |
Carnota | Praia de Corna Becerra | Raínha Lupa; Plat. pola defensa do Patrimonio de Quilmas; ADEGA Costa da Morte | 7 | 200 |
Fisterra | Langosteira | IES Fin do Camiño | 43 | 150 |
Muxía | Praia dos Muíños | CEIP Os Muíños | 50 | -- |
Muxía | Praia O Lago | Programa de voluntariado do concello de Muxía | 10 | |
Laxe | Praia de Traba | IES Maximino Romero de Lema | 24 | 150 |
Xornada de sensibilización medioambiental. Praia de Nemiña,
E non paran as citas de voluntariado. Agar Agar Surfing Clube propón para comezar a temporada estival 2012 unha acción de sensibilización acerca da problemática dos residuos acuáticos.
Así, o mércores 13 de xuño de 2012, ás 12h na praia de Nemiña (Muxía) realizaremos a primeira xornada de sensibilización medio ambiental que versará sobre “Os residuos acuáticos. Reduce a presenza de plástico na túa vida“.
Novas relacionadas
- Os veciños do Pindo fan de voluntarios e tamén limpan a praia.
- Alumnos de 4 centros únense á mundial Limpeza Simultánea de Praias.
- “Hoxe, limpamos outro Prestige”.
- Unha Quenlla peregrina ata a Langosteira.
- 8 praias e un porto deportivo da Costa da Morte lucirán Bandeira Azul este verán.
- Os surfistas limpan as praias que os concellos non coidan .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).