O PP, o único que non responde á petición da Coordinadora Zas sen recortes en pediatría para ter unha reunión no Parlamento

- De Carnota a Santiago, pasando por Muros, para ver ao pediatra.
- De Dumbría a Muxía ou Cee para ver o pediatra.
- De Muxía a Cee para ver o pediatra.
- De Zas á Ponte do Porto para ver ao pediatra.
- A Área Sanitaria da Coruña non se compromete coa mellora do servizo de pediatría da Costa da Morte a pesar das protestas.
A Plataforma da Coordinadora Zas sen recortes en Pediatria
Este vindeiro luns 4 de febreiro, a Coordinadora “Zas sen recortes en pediatría” manterá unha reunión no Parlamento cos representantes do BNG, do PSdeG e de En Marea. Non saben aínda se tamén estará presente o PPdG, pois a pesar de terlla pedido igualmente o pasado 21 de xaneiro, aínda non obtiveron resposta.
Acompañados do alcalde, Lolo Muíño, trasladaranlle a problemática co servizo de saúde público aos deputados das formacións. O grupo de pais e nais expoñeránlle aos deputados os recortes que sufriu o servizo de pediatría do Concello de Zas nos últimos meses co fin de que se restableza o antes posible e se recuperen as 35 horas semanais de atención que se compartían entre os centros de saúde de Baio e de Zas.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/a-plataforma-de-zas-leva-os-recortes-en-pediatria-ao-parlamento/