Sábado. 25.05.2019
El tiempo

"O próximo verán" estará listo o tramo Carballo-Baio da autovía da Costa da Morte

"O próximo verán" estará listo o tramo Carballo-Baio da autovía da Costa da Morte
Na tarde de onte a penas houbo movemento na saída de Santa Irene Na tarde de onte a penas houbo movemento na saída de Santa Irene Despois do parón durante as vacacións do nadal, a conselleira de Infraestructuras e Vivenda, Ethel Vazquez volviu a asegurar onte que as obras do tramo Carballo-Baio da autovía Costa da Morte van "a bo ritmo" e confía que "o próximo verán poida estar operativo". Así o indicou tras as preguntas dos xornalistas durante a súa visita coa presidenta autonómica da Cruz Vermella en Galicia, Carmen Colmerio, a quen lle trasladou as medidas que se levan a cabo dende a Xunta para o apoio e protección das familias con maiores dificultades para acceder ás vivendas. Ethel Vázquez explicou que as obras deste tramo, de 27 km de lonxitude, "van a bo ritmo" polo que "espero, e así van os prazo, que o próximo verán se poida desfrutar desta autovía libre de peaxe moi demandada e esperada pola poboación". Pese ás previsións do goberno galego, hai días de temporal, como o de onte, que dificultan o correcto desenvolvemento dos traballos e que poden provocar retrasos na finalización das obras. Novas relacionadas

Artigos relacionaddos

Fonte

Comentarios