O Punto Rojo tivo premios


Xa temos gañadores da Campaña Punto Rojo de Baio. A Asociación de Empresarios Comarca de Soneira facía entrega o pasado venres dos premios, cun acto que servíu para clausurar a III edición desta campaña comercial.
A Asunción Alvarellos Fondo entregóuselle o 1ºpremio, que consiste nuns Bonos de Compra por valor de 500 euros para canxear en calquera dos establecementos participantes na campaña, para o cal disponen dun mes.. Josefina Martínez Rodríguez, recibiu Bonos por valor de 300 euros, que poderá canxear por produtos de Ramos Alidiis de Baio, facendo entrega do premio o titular da empresa, Antonio Ramos.
E xa o 3º premio correspondiulle a Luís Sendón Castiñeira, que poderá cambiar os seus bonos por valor de 200 euros no Eroski City Baio. Fixo entrega do premio Maria José Lado Barreiro en representación da empresa Joalper.
Así, a Asociación xa empreza a traballar en novos proxectos, pero non sen antes dar as grazas a todos os participantes e colaboradores, e a xente que estes tres días visitou a Baio.
Novas relacionadas
- Tatiana Rellán: “A proximidade que ofrece a autovía é unha vantaxe para campañas comerciais como a do Punto Rojo”.
- Baio Ten a Pelota 2017: A Pelota baiesa trouxo premios
- Baio Ten a Pelota 2017: Pelotas e descontos contra a chuvia e a Autovía.
- Baio Ten a Pelota 2017: As pelotas amarelas volven a Baio
- Baio Ten a Pelota 2017: En maio, Baio volve ter a pelota dos descontos
- Maio 2016: Baio tínguese de amarelo.
- Maio 2015: Uns premios de pelotas en Baio.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)