Os Premios Fouciño ofertan un obradoiro para nenos e outro para adultos
08:12 15/06/18
Xa está aí o día grande dos Premios Fouciño. A cita será o día 30 de xuño en Baio cun completo programa de actividades. Unha mesa redonda, a proxección das curtas participantes no concurso, a entrega de premios e un festival ao aire libre serán as principais actividades deste día grande do audiovisual galego. Pero tamén haberá tempo para poñer en acción a creatividade con dous obradoiros gratuítos e abertos toda a veciñanza.
Ao igual que nas dúas anteriores edicións, este ano realizarase novamente un obradoiro de cinema dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. Neste taller, que será entre as 12:00 e as 14:00 horas do 30 de xuño, os participantes coñecerán algunhas das técnicas empregadas no audiovisual e incluso terán tempo para crear entre todos unha curta. E xa pola tarde, será o turno dos maiores de 55 anos que poderán participar nun obradoiro no que aprenderán a manexar a cámara do teléfono móbil e a sacarlle un maior rendemento ao seu dispositivo móbil. O obradoiro será o sábado 30 de xuño ás 17:00 horas e para asistir é necesario levar un "smartphone" ou un teléfono móbil con
cámara.
Inscricións
Para participar en calquera dos dous obradoiros é necesario inscribirse previamente no centro sociocultural de Zas ou ben chamando ao número de teléfono 981 751 398 ou enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected]. O último día para anotarse é o venres 29 de xuño.
Novas relacionadas
- Fouciño 18: Últimos días para participar nos Premios Fouciño
- Fouciño 18: Ampliado o prazo para participar nos Premios Fouciño
- Fouciño 18: O audiovisual e a música volven a Baio na III edición dos Premios Fouciño
- Fouciño 18: Santi Romay, padriño dos Premios Fouciño
- Fouciño 18: MounQup e Igmig traerán as súas músicas ao festival dos Premios Fouciño
- Fouciño 18: Os Fouciños asaltan as aulas
- Fouciño 18: Os Fouciño volverán situar a Baio no centro do audiovisual galego.
- Interplay 18: O V Carballo Interplay recibe 256 webseries de todo o mundo.
- Fouciño 17: Curtas e moito máis nos Premios Fouciño de Baio:
- 06-07-17: Lucía Regueiro: “O sábado estarei por Baio para gozar coas curtamentraxes que participan nos Premios Fouciño”
- 25-06-17: “Cos Premios Fouciño queremos premiar a creatividade audiovisual da veciñanza”
- 20-06-17: Unha nova falsa sobre o descubrimento dunha anticitera serve de base para unha curta dos Premios Fouciño
- Fouciño 2016: Os Premios Fouciño convertiron a Baio na capital audiovisual da Costa da Morte
- Un fouciño audiovisual para loitar contra o illamento cultural da Costa da Morte:
- Curtas, charlas e un concerto protagonizan os Premios Fouciño de Baio.
- Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- Adro crea os ‘Premios Fouciño do audiovisual’.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).