Os Premios Fouciño superan as 30 curtas a concurso
21:06 21/06/18
Os Premios Fouciños de Baio camiñan pola senda da consolidación. Así o demostra a participación nesta terceira edición á que se presentaron un total de 33 curtas de distintos xéneros e chegadas dende varios puntos da comunidade. Nos próximos días, a organización - que recae nas mans do concello de Zas - dará a coñecer as curtas finalistas. Antes, segue aberto o periodo de alegacións para aqueles traballos que non foro admitidos por non cumprir algún dos requisitos establecidos.
Entre as 10 curtas finalistas da categoría libre, o xurado terá que elixir a gañadora que recibirá 700€ xunto cun trofeo do certame. No caso da categoría de centros de ensino concursan todos os traballos presentados entre os cales sairá a curta gañadora que recibirá 300€ xunto cun trofeo conmemorativo.
Xa o día 30 de xuño, o día grande dos festival dos Premios Fouciño, proxectaranse as curtas finalistas a partir das 19:00 horas no local de Casa Ovidio de Baio. O público terá a oportunidade de votar pola mellor obra e a que máis votos obteña recibirá un trofeo. Unha vez finalizada a visualización terá lugar a entrega de premios que lle dará paso a un festival de música alternativa como broche final do certame.
Xurado
Tal e como se recollen nas bases, o xurado desta terceira edición dos Premios Fouciño estará formado por un representante do concello de Zas – que será Manuel García Velo, concelleiro de Cultura, ou a persoa en quen delegue -; dous representantes do
sector audiovisual – Santi Romay e Carmen Rey –; e dous representantes do movemento asociativo da Costa da Morte – Ramón Lema, do grupo de teatro Badius, e Ana Costa, da Asociación Cultural Churía -.
A III edición dos Premios arranca o luns, 25 de xuño, coa semana do audiovisual na que se proxectarán distintos documentais. A primeira das proxeccións é “Fóra”; un documental dirixido e guionizado por Rodrigo Costa no que se recolle a historia da oposición ás factorías de Ence e Elnosa na súa actual localización, dando voz a colectivos e persoas que destacaron nesta loita. A cita é ás 21:30 horas no local municipal situado no edificio Pomares de Baio. A entrada é de balde.
Novas relacionadas
- Fouciño 18: Os Premios Fouciño ofertan un obradoiro para nenos e outro para adultos
- Fouciño 18: Últimos días para participar nos Premios Fouciño
- Fouciño 18: Ampliado o prazo para participar nos Premios Fouciño
- Fouciño 18: O audiovisual e a música volven a Baio na III edición dos Premios Fouciño
- Fouciño 18: Santi Romay, padriño dos Premios Fouciño
- Fouciño 18: MounQup e Igmig traerán as súas músicas ao festival dos Premios Fouciño
- Fouciño 18: Os Fouciños asaltan as aulas
- Fouciño 18: Os Fouciño volverán situar a Baio no centro do audiovisual galego.
- Interplay 18: O V Carballo Interplay recibe 256 webseries de todo o mundo.
- Fouciño 17: Curtas e moito máis nos Premios Fouciño de Baio:
- 06-07-17: Lucía Regueiro: “O sábado estarei por Baio para gozar coas curtamentraxes que participan nos Premios Fouciño”
- 25-06-17: “Cos Premios Fouciño queremos premiar a creatividade audiovisual da veciñanza”
- 20-06-17: Unha nova falsa sobre o descubrimento dunha anticitera serve de base para unha curta dos Premios Fouciño
- Fouciño 2016: Os Premios Fouciño convertiron a Baio na capital audiovisual da Costa da Morte
- Un fouciño audiovisual para loitar contra o illamento cultural da Costa da Morte:
- Curtas, charlas e un concerto protagonizan os Premios Fouciño de Baio.
- Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- Adro crea os ‘Premios Fouciño do audiovisual’.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).